MANTEMENTO
O Concello remata os traballos de desbroce nas vías de titularidade municipal en varias parroquias
Xoves 10 de agosto do 2006
Nestes momentos as labouras continúan en outras catro parroquias, como Rus, Oza, entrecruces e Sofán, onde xa se realizaron parte dos mesmos. Estes traballos facilitarán o mantemento das pistas de accesos a núcleos, ademáis de dotar ao entorno de máis limpeza e aumentar a seguridade dos usuarios das mesmas. O desbroce permite ter máis visibilidade para os conductores, ademáis de favorecer o acceso a determinadas zonas do municipio. O Concello ven realizando as tarefas de desbroce nas pistas con asiduidade e, coincidindo coa época estival, decidiu intensificar os traballos.