Axudas para a adquisición de vehículos de enerxías alternativas
Luns 21 de setembro do 2020
Convocatoria de axudas correspondente as anualidades 2020-2021 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (Programa MOVES)Convócanse axudas para as seguintes actuacións:
- Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.
- Actuación 2: Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
- Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.
- Actuación 4: Implantación de medidas de mobilidade sustentable ao traballo.
Será obrigatorio o achatarramento dun vehículo M1 de máis de dez anos ou dun vehículo N1 de máis de sete anos para as adquisicións de vehículos novos M1 ou N1)
Beneficiarios
- Persoas físicas que desenvolvan actividades económicas.
- Persoas físicas.
- Comunidades de propietarios.
- Persoas xurídicas e outras entidades con ou sen personalidade xurídica, cuxo NIF comece polas letras A, B, C, D,E, F, G, J, R ou W.
- Entidades locais e sector público institucional de calquera Administración pública..
A contía das axudas para cada unha das actuacións vén establecida no anexo III do Real decreto 569/2020, do 16 de xuño, polo que se regula o Programa de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVES II) (BOE núm. 169, do 17 de xuño de 2020)
Prazo de presentación de solicitudesO prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 1 de outubro de 2020 e rematará un ano despois da publicación no DOG da presente convocatoria
Lugar de presentación
Asolicitude farase a través dos concesionarios de automóbiles, que actuarán como entidades colaboradoras, excepto cando o solicitante sexa o sector público, que poderá solicitala directamenteNa páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas para tramitar as Actuacións 1 e 2.
Información aos interesados
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal.
2. No teléfono 981 54 15 00.
3. Presencialmente, no Inega (rúa Avelino Pousa Antelo, 5. San Lázaro. 15703 Santiago de Compostela.