MEDIO RURAL
Suspendidas momentáneamente as autorizacións de lanzar foguetes nas festas locais
Mércores 9 de agosto do 2006
A Xunta de Galicia ten constancia de que os foguetes provocaron algún incendio e de que non é posible garantir medidas de seguridade e prevención en todo o territorio. Ademáis, a Consellería de Medio Rural comunica que aos concellos que desexen formar cuadrillas voluntarias de vixiancia con funcións preventivas procuraráselle subministrar apagalumes e Equipos de Protección Individual (EPIS) en función das existencias coas que conten os distritos.