Aprobación inicial da modificación da ordenanza fiscal nº 23
Martes 11 de agosto do 2020
O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do luns 27 de xullo do 2020, aprobou inicialmente a modificación da ordenanza fiscal nº 23, reguladora das taxas pola ocupación dos terreos de uso público local para usos propios ou auxiliares ou anexos á actividade hostaleira con finalidade lucrativa, mediante a introdución dunha nova Disposición Transitoria Terceira nos seguintes termos:
1.- Con carácter excepcional, debido á crise económica e social causada pola pandemia da COVID19, suspéndese a aplicación e vixencia desta Ordenanza Fiscal desde o día 01/01/2020 até o día 31/12/2020.
2.- Se algún contribuínte tivese xa aboado as taxas correspondentes a ocupacións que abrangan ese período, poderán solicitar a devolución dos ingresos que correspondan.
3.- Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo primeiro desta disposición, a Ordenanza volverá a se aplicar, a partires do 01/01/2021.