Modificación do cadro de persoal do Concello de Carballo
Martes 11 de agosto do 2020
O cadro de persoal do Concello de Carballo para o exercicio 2020 foi modificado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión 07/20 ordinaria de data 27 de xullo de 2019.
Na Secretaría desta entidade local atópase exposto ao público o expediente, por espazo de quince días hábiles contados dende a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia para os efectos de reclamacións.
Se durante o devandito prazo, non se presentasen alegacións ou reclamacións contra o expediente, se considerará definitivamente aprobada a modificación núm. 1 do cadro de persoal desta entidade para o ano 2020, procedendo, conforme o artigo 127 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, á súa publicación íntegra.