DEPORTE
O espectáculo do volei-praia tomou a praia de Razo durante a fin de semana
Luns 7 de agosto do 2006
No cadro masculino, a victoria foi para Manuel Carrasco e José Luis Oliva, que suman a súa segunda victoria tras vencer na proba inaugural de Gijón. Os mallorquíns impuxéronse con solvencia e notable superioridade a Da Silva e Badosa, campións nas dúas últimas probas, por 21-14 e 21-12. A terceira praza do podio foi para Sergi Martín y Francesc Plaza, que derrotaron na final de consolación a Inocencio Lario e Miguel Ángel De Amo.
En categoría feminina, o triunfo foi para Cati Pol y Meritxell Alseda. A mallorquina e a catalana impuxéronse na final a Beni Fernández e Bárbara Pérez, nunha disputadísma final que necesitou de tres sets: 21-16, 21-23, 11-15. A parella Pol-Alseda convírtese na primeira en repetir triunfo no Circuto 2006. O terceiro posto foi para Nuria Pla y María Bonafont. As catalanas impuxéronse na final de consolación a Ester Alcón e Angélica Gómez.