Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Verán Cultural achega novos...

CULTURA

O Verán Cultural achega novos espectáculos de maxia, música e cine esta semana

Luns 7 de agosto do 2006

O domingo 13 será o turno da música coa actuación de Berrogüetto na Praza do Concello, a partir das 22,30 horas. Trátase, para moitos, do grupo de música folk máis importante e interesante dos escenarios galegos. Nesta ocasión presentan o seu cuarto disco 10.0, o máis coral da formación, autoeditado enteiramente e sen colaboracións. Reflicte a evolución persoal deste grupo como factoría de ideas e a propia duns músicos que sempre rexeitaron producir por producir. En 1996 nacía este septeto vigués como unha banda innovadora, con formulacións musicais orixinais. Traballos como Navicularia, Viaxe por Urticaria ou Hepta consagráronos como un dos grupos con máis éxito de crítica e público dentro e fóra de Galicia, confirmando a súa vitalidade e a súa enerxía creativa. Resultado desta traxectoria foi a nominación aos premios Grammy Latino 2002.

Noites de Cine

Ademáis, durante toda esta semana continúan as proxeccións das Noites de Cine do Concello de Carballo. Este luns, 7 de agosto, proxéctase La novia cadáver en Artes. O martes 8 e o xoves 10 será o turno de Batman Begins, no Local Social de A Brea e na Pedra do Sal da Baldaio, respectivamente. O mércores nove proxectarase Las crónicas de Narnia no Xardín Municipal. Todas as proxeccións comezarán ás 22,00 horas.

Compartir: