Inicio Carballo ao día Hemeroteca As probas clasificatorias abren o cuarta proba do...

DEPORTE

As probas clasificatorias abren o cuarta proba do Campionato de España de volei-praia en Razo

Venres 4 de agosto do 2006

A xornada do sábado desenvolverase desde as 09,00 hora até ás 21,00 horas, mentres que o domingo se disputarán as semifinais, previstas para as 11,00 horas en categoría feminina e 11,30 horas en masculina. O terceiro e cuarto posto en feminina terá lugar ás 12,15 horas, mentres que a final será ás 12,30 horas. O terceiro e cuarto posto masculina está previsto para as 13,00 horas e a final para as 13,30 horas. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, sinalou na presentación que se trata "do evento máis importante que se leva realizado en Carballo na última década e unha oportunidade única de ver unha competición deste tipo". A delegada provincial de Cultura e Deporte, Milagros Lantes, manifestou que "é moi importante que un evento deste tipo se realice en Galicia, xa que fai de exiso transversal de cara ao turismo e permitirá a utilización dun espazo público doutra maneira distinta ao habitual".

A organización estima que preto de 1.500 persoas poderán disfrutar do volei-praia nas gradas instaladas ao efecto, que ademáis se poderán utilizar de forma gratuita. Daranse cita en Razo os mellores xogadores de volei-praia a nivel nacional e europeo e tamén haberá representación galega, como as parellas formadas, en categoría masculina, por Diego Pérez e Cristóbal Álvarez, Diego Mahía e Ángel Losada e Agustín Mourís e Germán Romero. En categoría feminina, a viguesa Alejandra Simón será un dos grandes atractivos da competición, xa que é unha das deportistas con máis proxección no panorama do volei-praia a nivel internacional.

Actividades paralelas

Ademáis da celebración do campionato, o areal de Razo contará con grande dispositivo para realizar actividades paralelas, dirixidas especialmente aos máis pequenos. Ademáis, a Ruta de los 10.000 da Fundación Intervida chega esta fin de semana a Carballo na súa segunda visita á provincia da Coruña, xunto á caravana Moviplaya, co obxectivo de conseguir o apoio de 10.000 novos padriños para por en marcha un proxecto de desenvolvemento en El Salvador, que beneficiará a 18 comunidades.

Compartir: