Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local reúnese o...

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión ordinaria

Venres 4 de agosto do 2006

No tocante aos convenios, darase conta do de cooperación cultural entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballo para a realización de infraestructuras culturais e aprobarase outro entre o Concello e a Fundación Deporte Galego con motivo da organización dunha proba do Campionato de España de voleipraia. A Xunta de Goberno Local debatirá, igualmente, a solicitude para a cesión en propiedade de material de primeiros auxilios e desfibriladores semiautomáticos externos para misións de Protección Civil. A orde do día inclúe, ademáis, a aprobación do expediente de contratación da obra Ordenación e urbanización de praza municipal en Bértoa e autorizacións para tres novos vaos permanentes nas rúas Río Eume, Avenida de Razo e Rosas.

Compartir: