Inicio Carballo ao día Hemeroteca Razo prepárase para acoller a cuarta proba...

DEPORTE

Razo prepárase para acoller a cuarta proba do Campionato de España de volei-praia

Xoves 3 de agosto do 2006

Ademáis dos partidos de volei-praia, haberá un montante paralelo de actividades para os máis pequenos. Xogadores da talla de Bosma ou Larios, a galega Alexandra Simón ou os galegos Diego e Cristóbal darán moito nivel a unha proba da que participarán 40 parellas en categoría masculina e 30 en feminina.

Presentación

A Casa do Concello acollerá este venres, a partir das 12,00 horas, a presentación desta cuarta proba do circuito nacional. Na mesma estarán presentes o alcalde de Carballo, a delegada provincial de Cultura e Deportes, un representante da Federación Española de Voleibol, o presidente da Federación Galega de Voleibol, un representante de Movistar e un representante de Delfin Group, organizadora do evento.

Compartir: