Inicio Carballo ao día Avisos O Punto Limpo Móbil volve a estar ao...

O Punto Limpo Móbil volve a estar ao servizo da cidadanía

Martes 16 de xuño do 2020

O mércores 17 de xuño reactívase a recollida de voluminosos co Punto Limpo Móbil, un servizo gratuíto que poñemos a disposición dos veciños e veciñas que non poidan desprazarse ata o Punto Limpo do polígono industrial de Bértoa para depositar mobles, electrodomésticos, refugallos de obras domésticas, chatarra... en xeral, todos aqueles residuos que non teñen cabida nos colectores situados na vía pública.

As persoas que desexen utilizar o Punto Limpo Móbil deben chamar con antelación, ata as 14.00 horas do día anterior á recollida, ao teléfono 981 754 917. Unha vez realizada a comunicación, os enseres depositaranse o martes á noite no colector máis próximo. A recollida realizarase o mércores entre as 07:00 e as 13:40 horas.

Compartir: