PARTICIPACIÓN
O Concello presenta o Regulamento de Participación Cidadá ao tecido asociativo
Xoves 3 de agosto do 2006
O Regulamento de Participación Cidadá introduce importantes melloras na integración dos veciños nas xestións do Concello. O obxectivo do texto é aproximar a administración aos cidadáns, mellorar a transparencia, fomentar o asociacionismo e favorecer a descentralización e a eficacia nas xestións. O regulmento é un órgano de colaboración activa nas cuestións de interese para as organizacións non lucrativas do Concello e está destinado a facer propostas que lles afecten aos cidadáns, por unha mellora continuada no diálogo, na relación e nos servizos que o Concello mantén con estas entidades para incrementar e soster a calidade de vida. Co novo texto preténdese establecer as formas, os medios e os procedementos de información e de participación tanto dos veciños como das entidades e asociacións na xestión municipal de Carballo. Entre os seus obxectivos fundamentais está o de crear unha serie de órganos e de mecanismos que garantan a información dos cidadáns.