Inicio Carballo ao día Hemeroteca A bandeira azul ondeará na praia de Razo...

LITORAL

A bandeira azul ondeará na praia de Razo desde o vindeiro venres

Mércores 2 de agosto do 2006

A praia de Razo únese así ao areal de Pedra do Sal, que estreou este verán a bandeira azul tralas melloras feitas nos últimos tempos e que fan que teña un espazo distinguido dentro das praias de Galicia. A Campaña Bandeira Azul é un símbolo recoñecido que exixe o cumprimiento de exixentes niveis sanitario-ambientais, a existencia de sanitarios adecuados e sin vertidos, así como servizo de salvamento, socorrismo e primeiros auxilios na praia ou no porto con bandeira azul. O galardón baséase no cumprimento dunha serie de criterios específicos nas praias e portos galardoados, que se agrupan en torno a catro pilares básicos, como a calidade dlas augas de baño, a información e educación ambiental, a xestión medioambiental e a seguridade e servizos.

Compartir: