Inicio Carballo ao día Avisos Programa de axudas para contribuír a...

Programa de axudas para contribuír a minimizar o impacto económico e social da COVID-19 nos alugueiros de vivenda habitual

Martes 26 de maio do 2020

Este programa ten por obxecto a concesión de axudas ao alugueiro, mediante a adxudicación directa ás persoas arrendatarias de vivenda habitual que, como consecuencia do impacto económico e social da COVID–19, teñan problemas transitorios para atender o pagamento parcial ou total do alugueiro. Especificamente, o programa inclúe no seu obxecto a concesión de axudas para facer fronte á devolución das axudas transitorias de financiamento recollidas no artigo 9 del Real decreto lei 11/2020, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte á COVID-19 e contraídas polas persoas arrendatarias de vivenda habitual, a cuxa devolución non puidesen facer fronte.

A contía das axudas será de ata 500€, sen que en ningún caso exceda o importe da renda do contrato por un período máximo de 6 meses.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O prazo rematará o 30 de setembro de 2020.

Esta axuda é compatible con calquera outra axuda ao aluguer, sempre que non supere o 100% do importe. Ademais, recoñecerámse dende o 1 de abril de 2020 sempre que o contrato estivese vixente nesa data.

As bases completas da convocatoria, na seguinte ligazón.

Ligazóns

Compartir: