Inicio Carballo ao día Hemeroteca Acción Social financiará a mellora...

VISITA INSTITUCIONAL

Acción Social financiará a mellora da accesibilidade no concello

Martes 1 de agosto do 2006

Xosé Bieito Seara comunicou ao goberno municipal que a Xunta podería facerse cargo dos 150.000 euros da primeira anualidade do plan de accesibilidade, ademáis de anunciar un incremento das partidas para a axuda a domicilio. No tocante ás visitas, o director xeral de Acción Social coñeceu ás instalacións e traballo de ASPABER, onde mantivo un encontro coa directiva do centro. Xosé Bieito Seara comprometiuse a revisar os criterios de axudas para poder incrementar o importe das subvencións. O xeriátrico foi outro dos emplazamentos que visitou o director xeral de Acción Social, quen anunciou que o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, acudirá á inauguración oficial do centro no vindeiro mes de setembro.

Compartir: