Inicio Carballo ao día Avisos Información técnica sobre o aforo...

Información técnica sobre o aforo de establecementos de hostalaría

Mércores 13 de maio do 2020

A Concellaría de Planificación Urbana, en resposta ás consultas recibidas ao respecto, fai públicos os sistemas válidos para establecer o aforo dos locais de hostalaría. Son os seguintes:

  1. Para obter o dato do aforo ou capacidade máxima do local deberase consultar a licenza ou comunicación previa presentada para o inicio da actividade.
  2. No caso de que na licenza non conste o dato do aforo, consultarase a documentación técnica que presentou para obter a licenza de actividade, en concreto o apartado de seguridade en caso de incendio e o plano de protección contra incendios.
  3. No caso de non dispor de documentación técnica descritiva do local en cuestión, presentará no Concello un plano asinado por técnico competente, de distribución de superficies onde se diferencie a zona de público, almacén, aseos, barra/mostrador, etc; e o cálculo da ocupación correspondente segundo o establecido no Documento Básico-Seguridade en caso de incendio do Código Técnico da Edificación (táboa 2.1. Densidades de ocupación).
NOTA: Se fose o caso deberá adaptar a tipoloxía do establecemento ao novo Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público, segundo o establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 124/2019, do 5 de setembro.

Compartir: