Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezou a campaña de doazón de...

SOLIDARIEDADE

Comezou a campaña de doazón de sangue na Praza do Concello

Martes 1 de agosto do 2006

A campaña Comparte saúde. Doa sangue lévase a cabo en 250 concellos de toda Galicia. Carballo conta tamén coa axuda do equipo de Protección Civil, que ofrecerá información sobre a campaña. O pasado ano 2005 houbo en Carballo 1.301 doazóns, o que permitiu acadar o índice de doazón de sangue recomendado pola Organización Mundial da Saúde (OMS), arredor de 46 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano. O obxectivo do Centro de Transfusión con esta campaña de verán é incrementar esta taxa de doazón. Os doantes recibirán o obsequio dunha camiseta durante a campaña.

Compartir: