Inicio Carballo ao día Hemeroteca A música, o cine e o deporte,...

CULTURA

A música, o cine e o deporte, protagonistas da semana do ‘Verán Cultural’

Luns 31 de xullo do 2006

A programación para esa fin de semana complétase coa celebración do Concerto Rock Carballo, o venres 4 e sábado 5 de agosto. Ambos concertos celebraranse na Praza da Concello, a partir das 22,30 horas. Na primeira xornada, os últimos grupos de rock constituídos en Carballo reuniranse para ofrecer un concerto do máis variado rock carballés: Tortitas sen anís e Derivados del Cáos. Nesta ocasión, estarán acompañados polo grupo galego Lamatumbá, unha das propostas máis frescas e irreverentes do actual panorama musical galego. O sábado, será o turno dos grupos Tramitess, Porta kom porta e The Cerne, acompañados polo grupo Magín Blanco. Magín Blanco, ademáis do grupo, é o nome da columna vertebral do mesmo, cantante, guitarrista, e compsositor cunha ampla traxectoria no pop galego.

Noites de cine

Ademáis, durante esta semana continúan as proxeccións nas Noites de Cine. O Centro Social de Berdillo acolle a última proxección da película Embrujada este luns, 31 de xullo, a partir das 22,00 horas. O martes día 1 de agosto proxectarase Batman Begins no Local Social de Sísamo, o mércores 2 Heroa a rayas na Praza do Chorís e o xoves 3 Habana Blues na praia de Razo. Todas as proxeccións comezarán ás 22,00 horas.

Compartir: