Inicio Carballo ao día Avisos Estado de alarma polo COVID-19: Plan de...

Estado de alarma polo COVID-19: Plan de continxencia do servizo do ciclo integral da auga

Xoves 16 de abril do 2020

A empresa Gestagua, que xestiona o ciclo integral da auga no noso concello, garante a subministración de auga en calidade e cantidade á totalidade dos seus abonados, para o que suspendeu todos os cortes por falta de pagamento e puxo en marcha un plan de continxencia que inclúe as seguintes medidas:

  • Nestes momentos é esencial que os fogares teñan acceso á auga da billa, tanto por garantía de potabilidade como por ser unha das claves de prevención do contaxio, a través do lavado de mans con xabón. Deste xeito, quedan suspendidos todos os cortes por falta de pagamento.
  • A empresa reduciu as actividades realizadas na vía pública e as operacións de mantemento non esencial. Tamén se suspenderon as lecturas de contadores e as cobranzas en metálico na oficina. Facilitouse un réxime por teletraballo para o persoal.
  • Para a implementación deste plan de continxencia sen que se resinta no mais mínimo a calidade do servizo, o Concello de Carballo conta con sistemas de telemando e telecontrol en todas as súas instalacións, que son os mellores instrumentos para o control e a supervisión, sen necesidade de desprazamentos nin de presenza.   
  • A oficina comecial está pechada ao público agás para trámites que requiran estritamente a presenza física da persoa abonada, para o cal será necesario pedir cita previa nos no teléfono 900 907 363. Prégase ás persoas abonadas aprazar os trámites non urxentes e utilizar a oficina virtual para a xestión dos seus contratos.
  • Como xa se avanzou, Gestagua suspende as lecturas de contadores e insta ás persoas abonadas a proporcionala a través das canles de atención ao cliente postos á súa disposición. En caso de non dispoñer da lectura estimaranse os consumos de acordo co disposto no regulamento municipal.

Compartir: