O DOG publica a resolución pola que se aproba o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista Carballo-Coristanco
Luns 30 de marzo do 2020
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns 30 de marzo a resolución pola que se aproban o expediente de información pública e o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista Carballo-Coristanco entre os puntos quilométricos 32+620 e 34+400 da AC-552.
O Concello de Carballo encargouse da instalación dos servizos no treito correspondente ao noso concello e a Xunta de Galicia, como se fixo xa na senda peonil de Bértoa, asume a actuación en superficie.