Inicio Carballo ao día Hemeroteca Catro empresas están interesadas no...

PLENO

Catro empresas están interesadas no proxecto do aparcadoiro soterrado e reforma do edificio do mercado

Venres 28 de xullo do 2006

Ademais destes, o pleno debatirá outros asuntos, como a aprobación inicial da Ordenanza reguladora da prestación dos servizos contidos no programa Concilia e dos seus prezos públicos. Trátase dun servizo que lles permitirá ás nais e aos pais deixar aos seus fillos e fillas no centro de ensino desde as 7.30 horas até o comezo da xornada escolar. Abordarase tamén a proposta de adhesión ao convenio do Consorcio de Servizos Sociais, coa intención de crear unha nova escola infantil municipal, e a ampliación da Zona Azul na rúa Gran Vía, na súa marxe dereita, desde a intersección coa rúa do Pintor Urbano Lugrís até a confluencia coa rúa do Doutor Fleming.
No tocante a urbanismo, o pleno debatirá a aprobación inicial da modificación da ordenanza n.º 4, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras e ordenanza reguladora dalgúns aspectos xerais sobre as licenzas urbanísticas, en función da próxima entrada en vigor do novo Código Técnico da Edificación, ademais da modificación do criterio de aplicación da ordenanza urbanística particular da zona residencial intensiva no tema de formación de cubertas. Neste sentido, trátase de nodificar a ordenanza para ter un trazado dunha liña ideal, debido ás moitas dificultades que existen para facer un seguimento legal das normativas actuais. Abordarase, igualmente, a aprobación do proxecto técnico para a construción dunha rotonda entre as rúas do Sol, de Santa Ana, de Oriente, da Vila de Negreira e da Milagrosa, cun orzamento previsto de 173.795,05 euros, e manter o sistema de cooperación en diversos polígonos de solo urbano non consolidado do PXOM (polígonos 9, 28, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 e 43).

Compartir: