Peche da oficina comercial de Gestagua e ampliación do prazo de cobranza dos recibos sen domiciliación bancaria
Domingo 15 de marzo do 2020
Coa finalidade de garantir a seguridade e protexer a saúde de todo o persoal, así como de contribuír á non propagación do coronavirus, Gestagua, empresa concesionaria do ciclo integral da auga no noso concello, vén de adoptar as seguintes medidas:
- A partir do luns 16 de marzo estará pechada ao público a oficina comercial, situada na rúa Rio Ulla nº 2, para todo tipo de trámites, agás aqueles para os que sexa estritamente necesaria a presenza física da persoa abonada. Neste caso deberá solicitarse cita previa chamando ao 900 90 73 63 ou enviando un correo electrónico a carballo@gestagua.es
- Para os/as usuarios/as que teñan a forma de pago por portelo na oficina ampliarase o período de cobranza voluntaria polo mesmo tempo que estea vixente o Real Decreto polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.