Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ricardo Outes amosa a súa traxectoria...

CULTURA

Ricardo Outes amosa a súa traxectoria artísitica no Museo de Bergantiños

Mércores 26 de xullo do 2006

Ricardo Outes amosa, a través da exposición, a evolución da súa traxectoria artística desde os seus comezos, onde tende cara a figuración, para ir adheríndose posteriormente ao expresionismo e á abstracción. Na súa primeira época destacan as temáticas narrativas e a descrición de escenarios, mentres que a partir dos anos 80 entra no mundo do expresionismo aproximándose ao fauvismo, con grandes doses de cor e xogando con tendencias como o futurismo ou o cubismo.

Na súa ampla carreira, Ricardo Outes ten realizado numerosas exposicións en diferentes países, como na Feira de Arte Contemporáneo de San Francisco (USA), a Casa da Cultura de Montevideo (Uruguay), a Galería subterránea de El Louvre (París) ou a Feria Internacional de Geneve-Messe OFG (Ginebra). Tamén participou de importantes exposicións a nivel estatal, como na Galería Barna (Barcelona), a Feria Internacional de Marbella (Málaga) e a Galería Araguaney de Santiago de Compostela. Ricardo Outes xa tivo ocasión de expoñer en Carballo, na Casa da Xuventude.

Compartir: