Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Casa do Concello acolle a xuntanza das...

COMISIÓNS INFORMATIVAS

A Casa do Concello acolle a xuntanza das comisións informativas de Asuntos Económicos, Acción Social e Urbanismo

Mércores 26 de xullo do 2006

A comisión informativa de Asuntos Económicos e Especial de Contas inclúe, ademais, unha modificación no contrato do servizo de limpeza de praias, pola que se engade un tractor con remolque e un traballador, ademais da limpeza das praias de Arnela e Leira e zonas limitrófes, e a retirada manual de residuos voluminosos e outros que non poidan ser recollidos mecanicamente en toda a zona de actuación.

A comisión informativa de Acción Social, Participación e Persoal, que comezará ás 19.30 horas, inclúe a proposta de adhesión ao convenio do Consorcio de Servizos Sociais, coa intención de crear unha nova escola infantil municipal. Levarase tamén a ampliación da Zona Azul na rúa Gran Vía, na súa marxe dereita, desde a intersección coa rúa Pintor Urbano Lugrís até a confluencia coa rúa Doctor Fleming. O último dos puntos fai referencia á Ordenanza reguladora da prestación dos servizos contidos no programa Concilia e dos seus prezos públicos.

A Comisión de Urbanismo e Desenvolvemento, a celebrar ás 19.45 horas, inclúe a modificación do criterio de aplicación da ordenanza urbanística particular da zona residencial intensiva no tema de formación de cubertas. Abordarase, igualmente, a aprobación do proxecto técnico para a construción dunha rotonda entre as rúas do Sol, de Santa Ana, de Oriente, da Vila de Negreira e da Milagrosa, cun orzamento previsto de 173.795,05 euros, imputando a cantidade de 100.000 euros ao orzamento do presente ano e o resto con cargo ao orzamento de 2007. Outro dos puntos da orde do día é o de manter o sistema de cooperación en diversos polígonos de solo urbano non consolidado do PXOM (polígonos 9, 28, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36 e 43) e, por último, a modificación da ordenanza n.º 4, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras e ordenanza reguladora dalgúns aspectos xerais sobre as licenzas urbanísticas.

Compartir: