Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un concerto de música gospel...

CULTURA

Un concerto de música gospel pechará os actos do Verán Cultural do mes de xullo

Luns 24 de xullo do 2006

Katie Graham forma parte da premiada Mississippi Mass Choir, aínda que nesta ocasión estará acompañada por The Black Heritage Singers, unha agrupación formada polos solistas Rhonda O´Neshia Chambers, Stephen M. Johnson e Alisa Patrick, polo baterista Barry Bolden e polo compositor, arranxista, director musical, cantante e pianista Jerry Smith.

Noites de cine

Ao longo desta semana continuará a programación das Noites de Cine do Concello de Carballo. Este luns, 24 de xullo, a escola de Gontade en Ardaña acolle a proxección de Embrujada, película que se poderá visionar tamén o xoves 27 na Pedra do Sal, en Baldaio. Ademais, o mércores 26 proxectarase Star Wars Episodio III no Xardín Municipal. Todas as sesións comezarán ás 22.30 horas.

Exposición

Tamén incluída no programa do Verán Cultural está a exposición do carballés Ricardo Outes, que se poderá ver no Museo de Bergantiños desde o 27 de xullo até o 30 de agosto. O artista presentanos a súa obra, composta por pinturas con influencias do expresionismo e do surrealismo.

Compartir: