A campaña de prevención das lesións medulares de Íntegro arrinca no IES Alfredo Brañas
Xoves 23 de xaneiro do 2020
A campaña de prevención das lesións medulares foi unha das primeiras actividades organizadas pola asociación Íntegro, e aínda que dende a súa primeira edición, no ano 1992, foi mudando en formato e en destinatarios, o seu obxectivo segue sendo o mesmo: evitar os riscos que poden provocar unha lesión medular.
A campaña 2020 arrincará este venres 24 no IES Alfredo Brañas e ao longo das vindeiras semanas irá percorrendo distintos centros de secundaria da Costa da Morte. Se algún colexio ou instituto non recibiu información e está interesado en participar só ten que poñerse en contacto con Íntegro no enderezo electrónico formacion@integro.es ou nos teléfonos 981 734 985 e 650 961 649.