CULTURA
Razo acolle a celebración de ‘Sereas e Piratas’, un festival de música alternativa e independente
Venres 21 de xullo do 2006
Este venres, 21 de xullo, inícianse as actividades na praia cun curso de iniciación de surf para rapazas, desenvolvido por Rip Curl e coordinado pola campiona de España de surf, Estitxu Estremo. Tamén hai outras actividades, como clases de tambores e varias sorpresas. O surf será un dos pratos fortes da celebración do festival, xa que hai programado o campionato Expression Session, no que se puntuarán as manobras máis radicais. Haberá premios en metálico de 150 e 100 euros e estarán invitados surfistas profesionais a nivel europeo. Ademais, 15 estudantes de Belas Artes organizarán unha exhibición de graffitis, como xa se fixera nas galerías comercias da rúa da Igrexa co Graff Time 06.