Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados novos proxectos de saneamento para...

NOVA REDE DE SUMIDOIROS

Adxudicados novos proxectos de saneamento para seis parroquias do rural

Mércores 6 de xullo do 2005

A rede de sumidoiros nas distintas parroquias é unha das prioridades do Goberno municipal que pretende mellorar a calidade de vida dos veciños destas zonas rurais. A adxudicación destes dous proxectos é un primeiro paso para dotar estas parroquias dun servizo esencial como é o saneamento.

Para o saneamento de Razo vanse instalar 1.500 metros de colectores e cóntase cun presuposto de 193.000 euros. A empresa Excavaciones y Obras Públicas de Galicia será a encargada de executar o proxecto nun período de tres meses. O segundo proxecto, adxudicado á empresa Obras y Viales de Galicia, supón colocar dez quilómetros de tuberías para mellorar a rede de sumidoiros do Concello. A obra vaille dar servizo aos veciños das parroquias de Cances, Lema, Rebordelos, Rus, Sísamo e Sofán. O custe do proxecto é de 581.000 euros e o prazo de execución, oito meses.

Compartir: