OBRAS
O Concello instalará beirarrúas no contorno do Instituto Alfredo Brañas
Xoves 20 de xullo do 2006
A actuación contempla a construción de beirarrúas na marxe dereita da avenida de Bergantiños a partir do colexio das Monxas, para seguir pola rúa Vila de Corcubión, enfrente ao Instituto. Ademáis, procederase ao valado da parcela onde se ubican os vellos depósitos de auga, para evitar que sexa un foco de escombros. O último tramo para peóns crearase na rúa Vila de Ordes. Outro os proxectos que o Concello pretende acometer, coa dotación de beirarrúas, levarase a cabo no barrio de San Cristovo.