Inicio Carballo ao día Avisos Suspendidas as actividades deportivas ao aire...

Suspendidas as actividades deportivas ao aire libre debido ás alertas de niveis laranxa e vermello por vento

Venres 20 de decembro do 2019

Seguimos en situación de alerta laranxa, e a partir do sábado pola tarde está previsto un empeoramento do tempo, con alerta vermella ata o domingo pola tarde. Á vista da situación, e sempre seguindo as indicacións dos servizos de emerxencias, o Concello de Carballo vén de adoptar as seguintes medidas

  • Quedan suspendidas todas as actividades deportivas ao aire libre dende as 00.00 ata as 24.00 horas do día 21. Os campos de fútbol das Eiroas, O Carral e As Pedreiras, así como todas as pistas polideportivas municipais exteriores permanecerán pechadas.
  • Debido ao risco de inundacións recomendamos, unha vez máis, non deixar os coches aparcados en zonas inundables nin en garaxes situados en sotos de zonas afectadas polas crecidas, non achegarse á beira do río e extremar as precaucións ao volante.
E, ante calquera emerxencia, chama ao 112.

Descargas

Compartir: