Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de presentación de...

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para participar no Programa de Termalismo Social do Imserso

Xoves 19 de decembro do 2019

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais do Ministerio de Consumo, Sanidade e Benestar Social vén facer pública a convocatoria para 2020 do Programa de Termalismo Social do Imserso, do que se beneficiarán 208.500 persoas. Estes son os prazos de solicitude asignados para o ano que vén:

Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos incluídos:
• Con prioridade na adxudicación de praza: ata o 10 de xaneiro de 2020.
• Para a súa inclusión na Lista de Agarda de Prazas para a cobertura de prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: ata o 14 de maio de 2020.

Para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos incluídos:
• Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 15 de maio de 2020.
• Para a súa inclusión na lista de agarda de prazas para a cobertura de prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: ata o 30 de outubro de 2020.

As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude de maneira presencial, en calquera delegación do Imserso, por correo ou por medios electrónicos pinchando aquí.

A adxudicación de prazas efectúase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes, tendo en conta os balnearios e quendas solicitados. A resolución adoptada notifícase por escrito a todas as persoas solicitantes.

Compartir: