INDUSTRIA
O Concello formúlalle a Industria e Turismo a creación dunha área recreativa infantil en Razo
Mércores 19 de xullo do 2006
O Concello considera que desde o punto de vista dos servizos e do turismo é importante que os máis pequenos poidan gozar da praia na vertente máis recreativa, de aí o comezo dos contactos coa Consellería de Industria para contar coa axuda necesaria para levar a cabo o proxecto.
Polígono industrial
A viaxe do alcalde de Carballo á Coruña foi aproveitada, ademais, para falar do Polígono Industrial de Bértoa, unha xuntanza da que tamén participou o delegado provincial de Vivenda e Solo, Xoan Carlos Bascuas. Na reunión quedou de manifesto, por parte da Consellería e Xestur, o manter o compromiso de considerar a actuación no polígono carballés prioritaria tanto na provincia da Coruña como en Galicia.
Campo da Feira
O alcalde de Carballo aproveitou a visita a Coruña, ademais, para trasladar novas propostas en canto a liñas de axuda para seguir executando a Casa dos Oficios.