Acta do sorteo público da campaña de inverno 2020 da Deputación da Coruña
Martes 17 de decembro do 2019
Tal como estaba previsto nas bases, dado que o número de solicitudes superou o de prazas dispoñibles, este luns 16 de decembro celebrouse o sorteo público das 13 prazas que lle corresponden ao Concello de Carballo para a Campaña de Inverno 2020, organizada pola Deputación Provincial da Coruña coa finalidade de iniciar na práctica do esquí aos nenos e as nenas de 11 a 15 anos.
O sorteo tivo lugar na Casa do Concello coa presenza do concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, ademais de técnicos municipais e dun grupo de nais de nenos/as solicitantes.
Os/as seleccionados/as no sorteo desfrutarán dunha estadía en Cabeza de Manzaneda na quenda comprendida entre o 7 e o 10 de febreiro. A cota de participación individual establecida pola Deputación da Coruña é de 85,00 €.