Inicio Carballo ao día Avisos Inicio de expediente de aprobación da...

Inicio de expediente de aprobación da Ordenanza reguladora das prestacións patrimoniais de carácter público non tributario do Ciclo Integral da Auga

Mércores 11 de decembro do 2019

Visto o texto do proxecto de Ordenanza reguladora das prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias do Ciclo Integral da Auga do Concello de Carballo, elaborado para se adaptar ás previsións do artigo 20.6 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou a Lei reguladora das facendas locais, e na Disposición Adicional Primeira da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, tras a modificación operada nos referido textos legais polas Disposicións Finais Undécima e Duodécima da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, e ao abeiro do procedemento regulado no art. 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, procede acordar o inicio do expediente de aprobación da ordenanza.

En virtude do sinalado no artigo 133.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das AA.PP., con carácter previo á aprobación do regulamento, deberase publicar o texto da normativa proposta no portal web do Concello, a efectos de dar audiencia aos cidadáns afectados e recabar cantas aportacións adicionais poidan se realizar.

Por tal motivo, polo medio da presente providencia, ordéase a inserción do Texto do anteproxecto na web municipal, e a súa exposición pública aos efectos do previsto no art. 133 da Lei 39/2015, por un prazo de DEZ DÍAS NATURAIS, durante os cales os interesados poderán examinar o borrador do anteproxecto, e remitir cantas aportacións ou suxerencias estimen oportunas. As mesmas deberán ser remitidas por medio de correo electrónica ao enderezo electrónico infocarballo@carballo.gal. Rematado o prazo de exposición pública, as aportacións e suxerencias recibidas incorporaránse ao expediente para continuar a súa tramitación conforme ás previsións contidas no artigo 49 da Lei 7/1985.

Descargas

Compartir: