CULTURA
‘Xogando coa arte’ achega diferentes técnicas a escolares do concello
Mércores 19 de xullo do 2006
A actividade está especialmente destinada aos/ás escolares de 3 a 13 anos. Esta mañá tivo lugar o primeiro dos obradoiros, co título Debúxate, unha forma de tratar o propio corpo e o debuxo como concepto artístico fundamental. A intención destes obradoiros, segundo se manifesta desde a Concellaría de Cultura, é a de desenvolver a creatividade do neno ou nena e a súa sensibilidade cara á linguaxe artística, ademais de intentar espertar unha actitude positiva cara á arte.