Aberto o prazo de exposición pública da Ordenanza de contaminación acústica do Concello de Carballo
Martes 3 de decembro do 2019
O Pleno municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de novembro de 2019, aprobou inicialmente a Ordenanza municipal contra a contaminación acústica do Concello de Carballo. Tras a publicación do anuncio correspondente no Boletín Oficial da Provincia con data 3 de decembro, comezan a contar os 30 días hábiles de prazo para examinar o expediente e presentar as reclamacións ou alegacións que se estimen oportunas.
Tanto o anuncio do BOP coma a ordenanza poden descargarse máis abaixo.