Inicio Carballo ao día Avisos As previsións meteorolóxicas...

As previsións meteorolóxicas obrigan a adiar o maratón fotográfico “Enfócate contra a violencia machista”

Mércores 27 de novembro do 2019

A inestabilidade meteorolóxica aconsella adiar a celebración do maratón fotográfico “Enfócate contra a violencia machista”, unha iniciativa incluída por primeira vez no programa de actividades da Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) no programa conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres e as Nenas.

O maratón, que ofrece 800 euros en premios, estaba previsto para este domingo, 1 de decembro, pero as previsións meteorolóxicas anuncian choiva para toda a xornada. A Concellaría de Igualdade mantén aberto o prazo de inscrición coa finalidade de poder levar a cabo a actividade en datas próximas. As persoas interesadas poden descargar as bases máis abaixo.

David Kaplun, en Carballo

O programa do 25N, que este ano ten como lema “Para a cadea! Move ficha contra a violencia machista”, continúa con outras propostas que se celebran a cuberto. Mañá xoves e o venres teremos en Carballo nin máis nin menos que a David Kaplun, da Asociación de homes pola igualdade (AHIGE), que participará nunha actividade formativa con estudantes e mañá ofrecerá un acto aberto a toda a cidadanía a partir das 20.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa. Non o perdades!

Descargas

Compartir: