Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Verán Cultural ofrece varias actividades...

CULTURA

O Verán Cultural ofrece varias actividades durante toda a semana

Luns 17 de xullo do 2006

As Noites de Cine están incluidas na programación do Verán Cultural do Concello de Carballo, que inclúe espectáculos infantís e de maxia na fin de semana. Así, o programa desta semana complétase co espectáculo Rebambimba a cargo da compañía Manicómicos Aéreos, o venres 21 de xullo, a partir das 20,00 horas no Xardín Municipal. O domingo 23 terá lugar a actuación do Mago Romarís, que presentará na Praza do Concello o seu último espectáculo Triunfos Copas, a partir das 22,00 horas. Ademáis, o sábado 22 terá lugar na Praia de Razo o Festival Sereas e Piratas, cos concertos de Niño y Pistola, Haiku, Triángulo de amor bizarro, The Majestics e unha sesión de Dj's. Durante toda a xornada haberá actividades deportivas e acuáticas nas que se repartirán agasallos.

Compartir: