Inicio Carballo ao día Avisos A feira dominical da Milagrosa recupera a...

A feira dominical da Milagrosa recupera a súa distribución habitual despois de varios cambios motivados polas obras

Venres 22 de novembro do 2019

Despois de varios cambios motivados polas obras de urbanización de toda a contorna do Fórum Carballo, a feira que se celebra os segundos, cuartos e quintos domingos de mes no barrio da Milagrosa recupera a súa distribución habitual.

Segundo informa a Concellaría de Mobilidade e Feiras, este domingo os postos de venda ambulante estarán situados nas rúas que aparecen marcadas de vermello no mapa, que son as seguintes:

  • Avenida da Milagrosa (zona do parque)
  • Xílgaro
  • Saturnino Cuíñas
  • Fotógrafo José Vidal
  • Xesús San Luís ROmero
  • Emilio González López (parte)
  • Isidro Parga Pondal
En todas elas estará prohibido o aparcamento dende o sábado pola noite, como é habitual.

Compartir: