Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello continúa coa inspección...

PAGAMENTO DE IMPOSTOS

O Concello continúa coa inspección sobre o pagamento da taxa de recollida de lixo

Martes 23 de agosto do 2005

Dende a concellaría de Facenda, Patrimonio e Contratación infórmase de que se están a enviar liquidacións de alta polos exercicios 2003, 2004 e 2005 aos propietarios de vivendas en aluguer que non declararan a ocupación das mesmas.

Unha vez rematado este proceso - que dende a propia Concellaría se prevé contra o mes de decembro deste ano - o Padrón da Taxa pola recollida de lixo das vivendas atoparase practicamente actualizado, e, polo tanto, agardan que quede practicamente suprimida a fraude fiscal neste ingreso.

Taxas para os comercios

Do mesmo xeito, ao longo do mes de setembro, o Concello comezará coa campaña de inspección sobre a Taxa pola recollida de lixo na súa modalidade comercial. Os negocios que non teñan declarado debidamente a súa alta deberán cursar a alta no Padrón deste tributo. Neste grupo inclúense tamén os negocios das zonas rurais onde se ten implantado o servizo de recollida ao longo dos anos 2002 e 2003 e que terán que abonar as liquidacións de alta no Padrón correspondentes aos anos 2002, 2003, 2004 e 2005.

Compartir: