Inicio Carballo ao día Hemeroteca Avanza o procedemento para impulsar o...

POLÍGONO INDUSTRIAL

Avanza o procedemento para impulsar o polígono industrial de Bértoa

Venres 14 de xullo do 2006

O convenio asinado en Carballo recolle a ampliación do polígono industrial de Bértoa en 533.000 metros cadrados, que completan aos 739.000 metros cadrados que se están a desenvolver na actualidade. A Xunta incluíu nos orzamentos deste ano unha partida de 460.000 euros para realizar todos os estudos e o proxecto de urbanización dos 533.000 metros cadrados de solo industrial comprometidos na sinatura do convenio.

Terceira fase

Rematou o prazo de presentación de ofertas para o plan de sectorización da terceira fase do polígono industrial, que inclúe dúas novas zonas cun total de 540.000 metros cadrados, deixando así unha superficie próxima aos dous millóns de metros cadrados.

Compartir: