Inicio Carballo ao día Avisos A Concellaría de Igualdade retoma os...

A Concellaría de Igualdade retoma os obradoiros “Camiñando pola igualdade”

Luns 28 de outubro do 2019

A Concellaría de Igualdade continúa a traballar para promover a igualdade entre homes e mulleres, e despois dos bos resultados acadados na pasada edición retomamos os obradoiros “Camiñando pola igualdade”, que seguen abertos á participación de todas as interesadas. A primeira xuntanza está programada para este martes 29 de outubro, de 19.00 a 20.30 horas, na Biblioteca Rego da Balsa. As reunións serán quincenais.

O obxectivo do programa é crear un espazo dinámico que permita seguir avanzando en cuestións de igualdade co obxectivo final de crear un Consello Sectorial da Muller. Se estás interesada só tes que poñerte en contacto co Centro de Información á Muller (CIM) enviando un correo electrónico a carballoennegro@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 981 700 686.

Compartir: