Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello inicia o repartimento gratuíto...

CARBALLO LIMPO

O Concello inicia o repartimento gratuíto de 3.000 cinceiros en Razo e Baldaio

Venres 14 de xullo do 2006

Unha cabicha ao sol tarda máis de dous anos en biodegradarse, co cal todas as cabichas que queden na praia cada día non desaparecerán até preto do ano 2010, xa que as máquinas de limpeza non son capaces de recoller este residuo. O Concello repartirá 3.000 cinceiros nos diferentes bares de praia, así como nas instalacións municipais a pé dos areais. Ademais, as persoas que o desexen tamén os poderán recoller na Casa do Concello.

Compartir: