URBANISMO
Formalizado o convenio da Horta de Romay
Venres 14 de xullo do 2006
A Horta de Romay utilizarase como aparcadoiro mentres non se levanten as vivendas planeadas na zona, entre as rúas da Coruña, Desiderio Varela e Martín Herrera. Unha vez rematada a tala das árbores da horta, o Concello pediulles permiso aos/ás titulares para facer ese aproveitamento da horta. A solución permitirá, ademais, a conexión entre as rúas de Desiderio Varela e Martín Herrera, aínda que o sentido circulatorio está todavía por determinar.