Ofertas de emprego da Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo
Venres 11 de outubro do 2019
A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo realiza labores de intermediación coa finalidade de cubrir os seguintes postos de traballo cos perfís máis axeitados a cada un deles:
- MONTADOR/A DE PLADUR para traballar na montaxe en obras en Galicia e no resto de España.
- CARPINTEIRO/A DE ALUMINIO para traballar na montaxe en obras en Galicia e no resto de España
- CARPINTEIRO/A DE MADEIRA para traballar na montaxe en obras en Galicia e no resto de España
- AXUDANTE DE COCIÑA para Carballo a xornada completa
- AXUDANTE DE COCIÑA PARA MALPICA DE BERGANTIÑOS a media xornada
- AXUDANTE DE COCIÑA E CAMAREIRO/A para traballar en Galicia e no resto de España
- SOLDADORES/AS PARA ARTEIXO EN MIG MAG. Imprescindible experiencia mínima de 3 anos.
- ADMINISTRATIVA PARA ARTEIXO. Imprescindible dominio alto de inglés.
Máis información na BDT (2º andar do edificio administrativo do Fórum Carballo) ou chamando ao 981709011.