Inicio Carballo ao día Avisos Exposición do censo electoral con motivo...

Exposición do censo electoral con motivo das Eleccións Xerais do 10 de novembro

Venres 27 de setembro do 2019

Con motivo das Eleccións a Cortes Xerais 2019 que se celebrarán o día 10 de novembro de 2019, pode consultarse o censo electoral. O prazo para consultas será dende o 30 de setembro ata o 7 de outubro de 2019, período no que calquera persoa pode presentar unha reclamación administrativa sobre os seus datos censuais.

  • A consulta deberá ser realizada polo propio interesado, previa identificación, no 1º andar do Concello, Padrón de Habitantes, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00, presentando documento de identidade.
  • Tamén se pode consultar na Delegación Provincial do Censo Electoral e nos teléfonos 981 21 74 39, 981 21 74 26 e 901 101 900.

Compartir: