Inicio Carballo ao día Avisos A Federación Provincial de ANPAs da...

A Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte convoca o I Certame de Imaxes pola Igualdade

Luns 23 de setembro do 2019

A Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte convoca o I CERTAME DE IMAXES POLA IGUALDADE (debuxo, fotografía e murais,) co obxectivo de que o alumnado dos centros de Educación Primaria e Secundaria plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida e promovan á reflexión.

O concurso consta de 2 categorías e 3 modalidades. A data límite de envío será o 1 de abril de 2020 (Día das Artes Galegas).

A gañadora ou gañador de cada categoría e modalidade individual recibirá ademais unha tarxeta ou vale para adquirir música, material escolar, libros ou xogos. Na modalidade colectiva de mural, o importe do agasallo será maior e poderá repartirse entre alumnado participante ou destinarse ao centro educativo (a elección do alumnado).

O xurado estará composto por profesionais do mundo das artes, da igualdade, do ensino, nais e pais (cuxas fillas e fillos non participen no certame).

Este certame conta coa colaboración dos departamentos de Igualdade da Xunta e do Ministerio de Presidencia e Igualdade. Podes descargar as bases aquí.

Compartir: