CATASTRO DE BENS INMOBLES
Entréganse as cédulas de propiedade de fincas rústicas en Ardaña e Artes
Luns 22 de agosto do 2005
Os técnicos da empresa Ditecar desprazaranse a estas dúas parroquias para facilitar a retirada das cédulas. Así, estarán durante o horario xa sinalado, na escola unitaria de Gontade (Ardaña) e no local social de Artes.
Unha vez realizada a primeira fase da revisión catastral, os propietarios de fincas rústicas teñen outra oportunidade para revisar e comprobar nos planos que os erros detectados anteriormente están xa corrixidos.
Durante o que vai de mes de agosto, entregáronselle as cédulas de propiedade aos veciños de Razo, Oza, Cances, Lema, Vilela, Noicela, Rebordelos, Goiáns, Sísamo, Bértoa, Carballo e Berdillo. O Concello agradécelle aos veciños a súa colaboración neste proceso e prégalle aos propietarios das fincas que acudan a retirar as súas cédulas nos lugares e das datas establecidas.