Aberto ata o 20 de novembro o período voluntario de pago da campaña anual de recadación do IBI e o IAE
Xoves 19 de setembro do 2019
Dende o 16 de setembro ata o 20 de novembro está aberto o período voluntario para facer o pago dos recibos correspondentes aos impostos sobre bens inmobles (IBI) e sobre actividades económicas (IAE).
Ao mesmo tempo, dende o día 10, e durante o prazo dun mes, os padróns están expostos ao público e poden examinarse no Servizo de Xestión Tributaria do Concello de Carballo. O anuncio da aprobación e exposición pública foi publicado o mesmo día 10 no Boletín Oficial da Provincia (BOP), xunto cos resultados das liquidacións tributarias, que son os seguintes:
- Imposto sobre Bens Inmobles de Características Especiais: 209.662,26 €
- Imposto sobre Bens Inmobles Urbanos: 5.058.075,42 €
- Imposto sobre Bens Inmobles Rústicos: 770.766,86 €
- Imposto sobre Actividades Económicas: 253.224,39 €
O período voluntario de pago estará aberto ata o 20 de novembro. Os contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos poderán facelos efectivos nas oficinas do Servizo de Recadación Municipal, na rúa Camiño Novo, nº 7, entreplanta Galerías Comerciais, de luns a xoves en horario de 09:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:30, e os venres de 08:00 a 14:00 horas. Tamén se poden domiciliar os recibos ata o día 11 de outubro nas propias oficinas da Recadación. Os cargos nas contas bancarias realizaranse a partir do 16 de outubro.