Inicio Carballo ao día Hemeroteca Trece panadarías poden utilizar xa a marca...

TURISMO

Trece panadarías poden utilizar xa a marca ‘Pan de Carballo’

Martes 11 de xullo do 2006

A xuntanza serviu, igualmente, para falar sobre a posibilidade de iniciar algunhas accións conxuntas para promover a marca Pan de Carballoe dala a coñecer. O concelleiro de Turismo expresou a disposición do Concello para colaborar en campañas de promoción e apoiar ao sector nas súas iniciativas. O proceso de creación da marca Pan de Carballo púxose en marcha a finais do ano pasado e inclúe a sinalización de todas as panadarías do concello, tanto as do centro urbano como as do rural. O obxectivo da iniciativa é o de crear un distintivo para facer do pan de Carballo un produto de interese turístico.

Compartir: